prototipo

Ateneo Atlántico de Prototipado

// Convocatoria aberta

Coruña Dixital
Laboratorio aberto de arte, ciencia e tecnoloxía

Que é?

Ateneo: sust.masc. Asociación cultural, xeralmente de tipo científico ou literario. Local onde se reúne a asociación.

Atlántico: adx. masc. Relativo ao océano Atlántico ou aos territorios ubicados nas súas costas.

Prototipado:  part. masc. (de prototipo). Acción de facer prototipos. Prototipo= exemplar orixinal ou primeiro molde no que se fabrica unha figura ou calquera outra cousa. Exemplar máis perfecto e modelo dunha virtude, vicio ou cualidade.

Esta actividade está proposta como un espazo de convivencia en rede e xeración de proxectos/prototipos ,con atención particular ao proceso, e mediante unha metodoloxía colaborativa interdisciplinar e sociocomunitaria. Podemos face-lo nós mesm@s,sobre todo se o facemos xunt@s. 

 O Ateneo constará de dúas fases: na primeira desenvolveranse unha serie de talleres, palestras e “choiva de ideas” colaborativas en diferentes espazos do barrio de Montealto: colexio,asociacións etc; na segunda xuntarémonos na SalaMaker@Domus a desenvolver en diversas mesas de traballo (nós),durante cinco días, diferentes prototipos que xiren en torno á ciencia, á tecnoloxía, á creatividade. A labor de prototipado estará orientada a satisfacer desexos e necesidades socio-comunitarios.

Cando e onde terá lugar?

Do 7 ao 20 novembro.A primeira fase distribuída comezará o martes 8 de novembro cunha sesión cun grupo de 6º do CEIP Víctor López Seoane e continuará cunha sesión de “choiva de ideas” para prototipado na Asociación de Veciñxs de Montealto o xoves 10 ás 19 h. Do 16 ao 20 de novembro estaremos nun evento intensivo de realización de prototipos na sala Maker@Domus, sé habitual do colectivo Bricolabs  .

Como podedes enviar as propostas? Podedes enviar unha breve descrición da vosa proposta e necesidades de material, xunto a algunha imaxe ou ligazón de referencia da vosa idea, ao  mail    ateneo@corunadixital.gal. Indicade tamén se a proposta é colectiva ou individual e que tipo de colaboracións vos gustaría ter. Tamén podedes entrar en contacto para saber máis de que vai o Ateneo,comentar algunha idea que teñades pero que aínda non se convertera nunha proposta…

Facede voso o Ateneo!!!!!! Daremos feedback inmediato!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *