Taller de prototipado no CEIP V.López Seoane

dsc_2925_edited

O Ateneo foi debullando preguntas, con paciencia, sen présa por recibir a/s resposta/s. Algunhas foron caendo e amoreándose como as mesmas follas outonales que (con sorte e dependendo da zona da cidade) podes pisar mentras camiñas.

Xa feito o Samahín, o Ateneo comeza a súa primeira fase coa mesma premisa de camiñar preguntando. O martes 8 pola mañán estaremos no CEIP Víctor López Seoane e cos seus alumn@s de sexto de primaria nun taller sobre pensamento algorítmico e taller de prototipado. O xoves 10 ás 20 horas o taller de prototipado chegará a AAVV de Montealto, a ANPA do CEIP Seoane e a todo aquel que por alí queira pasarse. Ao longo da semana teremos ademais algunhas sesións de choiva de ideas con diferentes colectivos sociais ou persoas creadoras da cidade.

É tan fermoso sentir as follas outonais baixo os pés mentras a choiva cae lánguida…

Coruña Dixital

procesos

O día 13 de setembro, no Centro Ágora de A Coruña, deu comezo o programa de Coruña Dixital cunhas xornadas que incluíron a participación de María Yáñez, Fran Quiroga, Juan Freire….Neste link poderedes atopar máis info: http://www.codigocero.com/Bota-a-andar-o-programa-Coruna-Dixital

Na segunda mesa da xornada estivemos eu (Beka Iglesias) xunto a Fran Díaz de Autofabricantes falando de procesos tecnolóxicos socio-comunitarios e metodoloxías colaborativas e abertas!!! Entrante para o Ateneo que coordeno, contando coa grande Marta Paz de colaboradora! 😉